Logo

INSCRICIÓNS DESDE O 20 DE XULLO DE 2026

Preguntas frecuentes

Resolvemos aquí as dúbidas máis habituais sobre Correndo no Camiño. Toca cada pregunta para ver a resposta.

Onde me inscribo?
As inscricións realízanse de forma online a través da plataforma oficial da proba: www.321go.es.
Onde podo recoller o dorsal?
A recollida de dorsais realizarase o venres 18 de setembro, de 17:00 a 20:30 h, e o sábado 19 de setembro, de 12:00 a 16:00 h, nas taquillas do Pavillón de Deportes de Pontevedra.
Hai roupeiro?
Si. Recollemos as bolsas na saída e facémolas chegar á meta, onde poderás recuperalas ao rematar.
Hai servizo de buses?
Si. Haberá servizo de autobuses de retorno dende Caldas de Reis ata Pontevedra ao rematar a proba.
19 de setembro de 2026

VÉMONOS NA SAÍDA